A Explanada da Compañía, escenario dunha noite de observación astronómica aberta ó público

6 de setembro de 2018. O Concello de Monforte súmase ó proxecto TodoCosmos, posto en marcha pola Universidade de Santiago de Compostela e o Observatorio Astronómico da USC, e co que se pretende achegar a astronomía ós municipios galegos.

 

No marco deste programa, a Explanada da Compañía será o escenario dunha observación das estrelas o vindeiro xoves, 13 de setembro. Será a partir das 21:30 horas, sempre e cando as condicións meteorolóxicas así o permitan. Dous expertos do Observatorio Astronómico da USC serán os encargados de explicar tódolos detalles que se poidan ver no firmamento. 

 

As persoas interesadas en participar só teñen que presentarse alí ese día na Compañía. A actividade é de balde.