A escola infantil municipal dispón de novo mobiliario, dunha smart TV e dúas novas tablets

4 de decembro de 2018. O Concello de Monforte avanza na mellora do equipamento  da escola infantil. Concretamente, a administración municipal acaba de adquirir unha Smart TV de 55 pulgadas e dúas tablets. Por outra parte, o Concello comprou novo mobiliario para o centro, en concreto, un kit de vallas móbiles infantís, que pode empregarse tanto no interior da escola como no patio.

 

O Alcalde explica que “coa compra dos dispositivos de novas tecnoloxías, Smart TV e tablets, conseguimos ampliar o equipamento dixital”. José Tomé engade que “hoxe en día contar cunha aula dixital é imprescindible, axuda a que os nenos e nenas traballen dunha forma máis creativa e ademais consegue motivar o interese dos cativos, posto que permitirá que poidan acceder ós contidos dunha forma moito  máis dinámica e atractiva”. O rexedor apunta tamén que “estas ferramentas ofrecen multitude de recursos multimedia que axudan a motivar ós nenos”.

 

Polo que respecta á adquisición no novo mobiliario, o Alcalde explica que “imos converter as instalacións da escola infantil en espazos máis flexibles, xa que ó seren vallas móbiles, vanse ampliar as opcións de actividades a realizar”. Concretamente, vai ser posible dividir a clase en grupos máis pequenos. Por outra parte, permitirán ofrecer un apoio individualizado e mesmo crear espazos tranquilos no caso de celebración de festas ou representacións teatrais.

 

 

O obxectivo do goberno municipal é mellorar a seguridade da instalación educativa, a comodidade dos nenos e conseguir que os máis pequenos dispoñan das últimas tecnoloxías durante a súa aprendizaxe.

 

A adquisición destes novos elementos é moi positiva, xa que van contribuír a mellorar a producitividade e os coidados ofrecidos ós 41 nenos matriculados na escola infantil municipal. 

 

O servizo ofrecido por estas compras vai supoñer tamén unha mellora importante para o persoal que traballa na escola.

 

Para poder realizar estas melloras, a administración municipal solicitou unha axuda á Xunta de Galicia, que está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.