Noticias:
-
Consulta tódolos detalles do PROGRAMA DE FESTAS PATRONAIS 2018
31 de xullo de 2018. O Alcalde, José Tomé, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón, presentaron o programa completo das Festas Patronais 2018, que se van celebrar do 11 ó 16 de agosto. “Incluímos un amplo abano de actividades que, en conxunto, conforman un verdadeiro programa cultural, co... -
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar como cabezudos nas Festas Patronais.
30 de xullo de 2018. As persoas interesadas, deben inscribirse nas Oficinas do Rexistro Municipal, entre as 9 e as 14 horas. O Concello dispón de 10 prazas para realizar esta actividade, e iranse asignando por rigorosa orde de inscrición. O derradeiro día para anotarse é o xoves 9 de agosto. ... -
A mostra de artesanía Artelemos, que cumpre vinte anos, celébrase do 3 ó 7 de agosto na rúa Cardenal
27 de xullo de 2018. A XX mostra de artesanía Artelemos 2018 vaise celebrar en Monforte do 3 ó 7 de agosto na rúa Cardenal, o evento servirá de antesala ás Festas Patronais. Desta volta haberá un total de 27 casetas; son cinco máis das que había o pasado ano. Ademais dos postos de exposición e... -
O Goberno municipal investirá máis dun millón de euros na mellora de 108 pistas das parroquias
10 de xullo de 2018. O Concello de Monforte vai investir algo máis dun millón de euros na mellora de 108 pistas das parroquias. O Alcalde, José Tomé, destacou que “este é o maior investimento realizado ata o de agora por parte do Goberno municipal en obras nas parroquias en tan só un ano”. O... -
O Goberno municipal premia os logros dos deportistas
9 de xullo de 2018. Os deportistas de Monforte colleitan novos éxitos e o Equipo de Goberno quere recoñecer os seus éxitos. Esta tarde, o Alcalde recibiu a Yolanda Salgado, do Club de Golf Río Cabe, e que se proclamou Campiona de España de Golf na modalidade de Pitch and Putt, o pasado mes de xuño... -
A Subdelegada do Goberno en Lugo visita Monforte
6 de xullo de 2018. A Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou hoxe Monforte. O Alcalde recibiuna na Casa Consistorial e no acto estiveron tamén membros do Equipo de Goberno. Durante o encontro, a Subdelegada manifestou que a seguridade cidadá e a violencia de xénero serán as súas... -
Comeza a actividade do Programa Deportivo de Verán Concello de Monforte 2018
3 de xullo de 2018. Un total de 125 nenos e nenas gozarán durante a primeira quincena deste mes dun evento multideporte, dirixido a rapaces de entre 5 e 14 anos e que se desenvolve principalmente na área deportiva da Pinguela entre as 10 e as 14 horas. Esta mesma semana comezou a actividade da... -
As novas instalacións municipais de Drogodependencias estarán operativas a comezos do vindeiro ano
29 de xuño de 2018. As novas dependencias do Instituto Municipal de Drogodependencias estarán rematadas a comezos do próximo ano, 2019. A nova sede ubicarase na Praza da Estación, no coñecido Cuarto dos Axentes. O Alcalde, José Tomé, explicou que se trata dunhas instalacións ás que, ata o de agora... -
As obras de mellora da rúa Santo Domingo comezarán en agosto
28 de xuño de 2018. A rúa Santo Domingo terá un novo firme antes de que remate este ano. O Alcalde, José Tomé, anunciou que en agosto comezarán os traballos nesta vía que forma parte do conxunto histórico da cidade: “imos actuar nesta rúa debido ó importante estado de deterioración que presenta,... -
Julia Otero será a pregoeira das Festas Patronais 2018
26 de xuño de 2018. Julia Otero será a pregoeira das Festas Patronais 2018 de Monforte. O Alcalde, José Tomé, destacou que “Julia é a persoa ideal para poñer o broche de ouro ós pregóns das Festas Patronais do actual mandato. A súa presencia e a excelente programación musical dos días posteriores,...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 205
- 206
- 207
- 208
- 209
- 210
- 211
- 212
- 213
- …
- seguinte ›
- última »