Noticias:
-
O Alcalde asina a toma de posesión de Miguel Martínez como Inspector da Policía Local do Concello de Monforte
Monforte de Lemos, 13 de decembro de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asinou na mañá de hoxe a acta de toma de posesión de Miguel Martínez Díaz da praza e posto de Inspector do corpo de Policía Local de Monforte de Lemos. Deste xeito, Miguel Martínez adquire a condición de funcionario... -
O Campo de San Antonio acolle a exposición “Courel territorio literario”
Monforte de Lemos, 10 de decembro de 2021. A praza do Campo de San Antonio de Monforte acolle estes días a exposición itinerante “Courel Territorio Literario”, organizada pola Fundación Uxío Novoneyra e que conta coa colaboración do Concello de Monforte. A exposición está conformada por catro... -
Teatro gratuíto para toda a familia este domingo en Monforte con Alentía Teatro
Monforte de Lemos, 9 de decembro de 2021. O Concello de Monforte segue a programar obras de teatro para este segundo semestre do ano. Deste xeito, o salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acollerá o domingo 12 de decembro ás 18:00 horas e dentro do “Ciclo Táboas cheas de emoción” do... -
O Concello informa dun corte de auga por avería na Rúa Hortas e Avda de Galicia
Monforte de Lemos, 9 de de diciembre 2021. O Concello de Monforte informa que na mañá de hoxe levouse a cabo un corte no subministro de auga na rúa Hortas e no tramo da Avda. de Galicia entre a rúa Cardeal e a Ponte Nova. O corte realizouse para proceder á reparación dunha avaría na rede de auga... -
O Alcalde acende o alumeado de Nadal, para axudar ó Comercio e á Hostalería de Monforte
Monforte de Lemos, 3 de decembro de 2021. Na tarde de hoxe, ás 18:30 horas, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acendeu oficialmente a iluminación de Nadal 2021, acompañado pola Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Servizos, José Luís Losada, o Concelleiro de Deportes,... -
O Alcalde asiste ao acto de investidura de Mª Emilia Casas Baamonde como Doutora Honoris Causa pola USC
Monforte de Lemos, 3 de decembro de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asistiu este venres en Santiago de Compostela ó acto de investidura de María Emilia Casas Baamonde como Doutora Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela. O reitor da USC, Antonio López, foi o... -
O Alcalde inaugura a xornada Nacer e medrar que organiza FAGA en Monforte
Monforte de Lemos, 2 de decembro de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou este xoves a xornada de debate Nacer e medrar impulsada pola Fundación Agroalimentaria de Galicia, una entidade de recente creación que constituíu a Confederación de Empresarios de Lugo. O foro celébrase no... -
O Alcalde asina co Ministerio de Transportes axudas por máis de seiscentos mil euros para a rehabilitación de vivendas no casco histórico de Monforte
Monforte de Lemos, 2 de decembro de 2021. O Alcalde, José Tomé Roca, asinou onte en Santiago a adhesión do Concello de Monforte ó programa de Rexeneración e Renovación Urbana do Casco Histórico, ao abeiro do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, sinatura que levou a cabo coa Ministra de Transportes,... -
O Concello de Monforte subscribe por primeira vez unha póliza de accidentes para todos os seus empregados
Monforte de Lemos, 1 de decembro de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ben de asinar o decreto a través do cal dende o Concello se subscribe por primeira con todos os empregados municipais unha póliza de accidentes, que cubrirá as súas continxencias profesionais. Deste xeito, aínda que o... -
Teatro en Monforte este xoves 2 coa obra Insubmisión, da compañía Teatro do Andamio
Monforte de Lemos, 30 de novembro de 2021. A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios continua en Monforte de Lemos este xoves 2 de decembro ás 20:15 horas no Edificio Multiusos coa posta en escena da quinta obra correspondente a este ciclo, Insubmisión a cargo da compañía Teatro do...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- …
- seguinte ›
- última »