O Festival 17º Ribeira Sacra amplía á primeira fin de semana de Agosto o seus concertos

Fecha: 
luns, Xuño 11, 2018 - 14:45

31 de maio de 2018. O Festival 17 Graos Ribeira Sacra volve por segundo ano a Monforte de Lemos, unha proposta cultural que aúna paisaxes con música, gastronomía, viño e patrimonio. 

 

Este ano os concertos serán os días 27, 28 e 29 de Xullo; pero tamén durante a primeira fin de semana de Agosto. 

 

A administración municipal aporta unha achega de 5.000 euros para que o evento poida celebrarse: "a diferenza doutros festivais, neste caso non hai unha única ubicación, senón que os concertos recorren varios concellos entre finais de Xullo e principios de Agosto", matiza o Alcalde, José Tomé.

 

O mandatario local destaca que "é unha iniciativa que axuda a difundir a riqueza do noso patrimonio natural e cultural, ademais, axuda a incrementar o número de visitantes, polo que vai repercutir de xeito moi positivo na economía da Ribeira Sacra".

 

O Concello de Monforte vai facilitar tamén este ano o uso dun dos espazos máis emblemáticos da cidade, como é o exterior do Parador de Turismo, ubicado no conxunto monumental de San Vicente do Pino

 

"Como capital da Ribeira Sacra, imos estar do lado de todas aquelas actividades que se desenvolvan en Monforte e na contorna da Ribeira Sacra, como é o caso deste festival. Evidentemente, teñen que ser iniciativas que potencien, difundan e promocionen as potencialidades de Monforte e da Ribeira Sacra", engade o rexedor.

 

José Tomé tamén sinala que "valoramos a implicación da Deputación Provincial de Lugo e doutros Concellos nesta labor conxunta para converternos nun referente turístico cada vez máis atractivo".