Hoxe venres dia 6 de decembro, o Concello encende oficialmente a iluminación de Nadal de 2019. O Alcalde, que estivo acompañado por varios membros do Equipo de Goberno no activado das luces, destaca que hai varias novidades na iluminación e tamén se incrementa o orzamento.
Monforte de Lemos, 6 de decembro de 2019. O Concello de Monforte volve a instalar as luces de Nadal que estarán presentes un ano máis en todos os barrios da cidade, incrementando significativamente o número de arcos e, por conseguinte aumentando tamén o orzamento destinado á iluminación das festas navideñas.
Debido ó éxito que tivo o pasado ano a Estrela de grandes dimensións que se instalou na Praza de España, este ano volverá a ser instalada no mesmo lugar con algún engadido a ambos lados da mesma, que melloran a súa visibilidade e polo tanto o seu atractivo para o grande número de persoas que se inmortalizaban no arco que formaba a estrela.
En concreto, este ano increméntase o número de rúas que disporán do alumeado de Nadal, pasando de 53 a 62 rúas, 9 máis que no ano anterior, e o número de arcos pasará de 117 a 160, o que supón un 36,75% máis que no ano anterior. Do mesmo xeito, o número total de LED’s instalados é de 30.179 unidades. Isto é unha aposta clara do Equipo de Goberno do Concello para incrementar e potenciar o ambiente navideño na cidade e favorecer así a actividade do comercio.
Ademais das rúas, estarán adornadas a Torre da Homenaxe, as Prazas de España, de San Antonio, Carude, Os Chaos e da Estación. Por outra parte, 7 letreiros de Bo Nadal ubicaranse en cada unha das entradas da cidade.
Unha das melloras significativas que os veciños de Monforte poderán comprobar este ano é a mellora da iluminación do cedro que se atopa entre a praza das Casitas e a praza dos Escolapios, que este ano vai contar cunha mellor iluminación.
O acendido das luces de Nadal farase dende hoxe día 6 de decembro e permanecerá activo ata o 6 de xaneiro.
A decoración navideña, un investimento
O rexedor apunta que “o noso desexo é que todos os veciños sintan o espírito do Nadal durante estas datas tan sinaladas, por iso, imos levar un ano máis a iluminación navideña a todos os barrios de Monforte. Este ano, os arcos desprenderán unha luminosidade máis intensa que o pasado Nadal”.
O rexedor engade que “consideramos que a decoración navideña nas rúas é un investimento moi útil para o comercio así como para o conxunto da nosa economía, xa que nos beneficia a todos”. José Tomé Roca apunta tamén que “en definitiva, o noso obxectivo é fomentar que as compras destas datas tan especiais, se realicen na nosa cidade. O compromiso deste Equipo de Goberno sempre foi chegar coa iluminación navideña a todas as zonas do municipio e nesa liña seguimos traballando”.
O mandatario local explica que “as rúas máis comerciais terán un maior número de arcos, porque é nas que de seguro haberá unha maior presenza de xente para realizar as súas compras de Nadal”.
As arcas municipais destinan este ano un orzamento de 27.000 euros ás luces deste Nadal, que son 9.000 euros máis que en 2018. A cifra representa un 50% máis do que se investiu o pasado ano 2018.
A empresa monfortina Iluminaciones Fernández é a encargada da colocación destas luces.
Lugares nos que se instala o alumeado de Nadal de Monforte:
- Juan Montes
- Cardenal
- Cardenal estreito
- Compañía
- Carude
- Duquesa de Alba
- Reboredo
- Francisco Moure
- Avenida de Galicia
- Roberto Baamonde
- Valle Inclán
- Eduardo Pondal
- Benito Vicetto
- Valle de Lemos
- Calvo Sotelo
- San Pedro
- Doctor Casares
- Morín
- Hortas
- Chantada
- Abeledos
- Corredoira
- Ourense
- Cobas
- Rosalía de Castro
- Veiguiña
- Rúa Santiago
- Concepción Arenal
- Otero Pedrayo
- Doutor Teixiero
- Comercio
- Lois Pereiro
- Celso Emilio Ferreiro
- Rúa Coruña
- Curros Enríquez
- Pontevedra
- Estrella
- Molinos de Antero
- López Suárez
- Germán Vázquez
- Paseo de Lugo
- Julio Camba
- Inés de Castro
- Hermida Balado
- Rúa Real
- Doctor Goyanes
- Santa Clara
- Ramberde
- Sarria
- Rioseco
- Casar
- Malvarón
- Pinguela
- As Cruces
- Historiador Dalmiro de la Válgoma
- Estación (xunto á fonte)
- Conde (praza)
- Conde (rúa)
- Aceña Nova
- San Lázaro
- Ferrol