Inauguración da exposición fotográfica “Provincia de Lugo, Geografía general del Reino de Galicia”

Monforte de Lemos, 12 de marzo de 2019. José Tomé Roca, Alcalde de Monforte, e José Manuel Balseiro, Delegado territorial de la Xunta en Lugo, inauguraron hoxe a exposición fotográfica “Provincia de Lugo, Geografía general del Reino de Galicia”, na Casa da Cultura Lois Pereiro. Esta mostra itinerante de fotografías históricas de 25 concellos da provincia de Lugo permanecerá aberta ata o vindeiro 29 de marzo.

 

As fotografías, provintes do Arquivo Provincial de Lugo, foron feitas polo fotógrafo José Luis Vega Fernández, “e o seu ollar é unha mistura entre realismo e romanticismo, que dota a estas imáxenes dun aura especial que merece ser contemplada con detemento” destacou o Alcalde monfortino.

 

Ademais, as fotografías veñen acompañadas por textos do escritor Manuel Amor Meilán, extraídos da súa obra “Geografía General del Reino de Galicia”, textos que sen dúbida complementan perfectamente ese ollar cara o pasado.

 

O panel adicado a Monforte recolle 3 fotografías de distintos momentos do ano 1958 e 1963, onde podemos ver diversas reunións das autoridades da época ou unha manifestación popular na que os mineiros do Freixo dan a benvida a José Solís Ruiz ministro e delegado nacional de sindicatos da época.

A mostra pertence á Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, que a cede para que a poidan visitar gratuitamente todos os monfortinos e visitantes que se acheguen este mes a Monforte.