Monforte de Lemos, 12 de marzo de 2019.
O Concello de Monforte informa dunha avaría no subministro da rede de augas que afecta ás seguintes rúas da cidade:
- Rúa Calvo Sotelo dende o número 2 ata o 102.
- Travesía Veiguiña, frente ao edificio de Facenda, con rúa Santiago.
A avaría foi ocasionada por unha ruptura na tubaxe de auga; os operarios de Aqualia están traballando xa na súa reparación e para poder habilitar o servizo e que os veciños volvan a contar co subministro de auga o antes posible.
Desde o Concello pregamos disculpas polas molestias e contratempos ocasionados por estas avarías.