Un total de 27 candidaturas optan ó concurso de mellores deportistas, adestradores, árbitros e clubs do ano 2017

Onúmero de candidaturas presentadas para participar nalgunha das categorías para elixir ós mellores deportistas, adestradores, árbitros e clubs do ano 2017, ascende a 27. O concurso, que un ano máis organiza o Concello de Monforte, pretende poñer en valor os resultados e o traballo que desenvolven atletas e clubs da cidade do Cabe ó longo do pasado ano.

 

O seguinte paso, será elixir ós gañadores de cada unha das categoría que se establecen, que son as seguintes:

 

•   Mellor atleta masculino absoluto

•   Mellor atleta feminina absoluta

•   Mellor atleta masculino promesa

•   Mellor atleta feminina promesa

•   Mellor Club ou Entidade Deportiva

•   Mellor adestrador/a

•   Mellor Árbitro/a

•   Premio á deportividade e xogo limpo

 

Os membros do xurado, que terá como cometido analizar cada unha das candidaturas das diferentes categorías, está formado por:

 

•   Presidente: José Tome Roca, Alcalde do Concello de Monforte

 

 

 

•   Vocais:

  • Manuel Otero Méndez, Xefe Provincial de Deportes
  • Pablo Rivera Capón, Deputado Provincial de Deportes
  • Luis Conde Carnero, La Voz de Galicia
  • Miguel Piñeiro Vázquez, El Progreso
  • José Antonio Díaz Expósito, Cadena Ser

 

•   Secretario: Óscar Rodríguez Pérez, Técnico Municipal de Deportes (con voz pero sen voto).

 

O resultado das votacións do xurado farase público na Gala do Deporte, cuxa data de celebración se dará a coñecer máis adiante.