O Alcalde, José Tomé, e a concelleira de Servizos Sociais, Gloria Prada, deron a coñecer as obras que se van realizar este mes no Centro Cívico.
O proxecto ten como obxectivo mellorar a seguridade do edificio mediante a colocación de portas e varandas.
Por outra parte, vaise realizar unha mellora das instalacións de ventilación e climatización. Tamén se vai dotar ó edificio dun novo equipamento de oficina, así como a mellora da accesibilidade exterior e a reparación de humidades do soto.
Cómpre destacar que se van instalar cámaras de seguridade en diversos puntos dos accesos ó edificio.
O investimento deste proxecto ascende a 23.000 euros, unha cantidade que se vai pagar entre o Concello de Monforte e a Deputación Provincial de Lugo.