- Leváronse a cabo obras de accesibilidade en máis de 20 rúas repartidas por toda a cidade, ademais de edificios públicos e colaboracións con entidades recreativas da nosa cidade.
- No ano 2015 continuarán as obras de mellora doutras zonas mediante un acordo coa Deputación Provincial de Lugo.
O equipo de goberno fai balance do investimento feito en obras de accesibilidade e humanización da vila durante estes case doce anos de mandato.
Dende a súa chegada á Alcaldía numerosas rúas e inmobles do concello pasaron a ser máis accesibles e fáciles de transitar para as persoas con diversidade funcional de Monforte, sendo preto de 10.000.000 de euros o investimento realizado nestas obras de mellora.
A solidariedade, a humanización, e o claro obxectivo de converter Monforte nunha cidade máis agradable para vivir e máis accesible para todos e todas sen limitacións nin obstáculos, foi a máxima coa que traballou o equipo de Severino Rodríguez, escoitando dende o primeiro día as críticas e recomendacións sobre a cidade feitas por asociacións como a Cruz Roja ou a Once, e por colectivos con dificultades de mobilidade.
Máis de 20 rúas accesibles.
Algunhas das obras que se levaron a cabo, nesta liña marcada de realizar unha política de integración, foron as de accesibilidade en:
- Edificio Multiusos,
- rúa Carude,
- rúa Valle Inclán,
- Paseo de Lugo,
- rúa Benito Vicetto,
- rúa Irmáns Dapena,
- partes da rúa Conde, Rof Codina e avenida Galicia,
- rúa Roberto Baamonde,
- Compañía,
- rúa Reboredo,
- rúa Calvo Sotelo,
- rúa Otero Pedrayo,
- rúa Ourense,
- rúa Chantada,
- barrios de Covas e Casas Baratas,
- rúa Zapaterías,
- rúa Pescaderías,
- rúa Falagueira,
- Centro da Terceira Idade.
Estas obras, fundamentais para garantir e mellorar a mobilidade das persoas en Monforte, leváronse a cabo por toda a cidade, dando gran importancia á adaptación das principais arterias da mesma.
Novas actuacións para 2015
No ano 2015, grazas á colaboración da Deputación de Lugo, o traballo de eliminación de barreiras arquitectónicas continuará nas rúas Doutor Casares, Celso Emilio Ferreiro, Sarria, Escultor Francisco Moure, Hortas, e Avenida de Galicia. Asemade levaranse a cabo certas reparacións nas rúas Carude e Compañía.
Nesta ocasión as obras que se levarán a cabo inclúen rebaixes dos accesos a beirarrúas e recuperación dos espazos que foron destinados a colectores e outro mobiliario urbano. Contarán cun orzamento de 30.000 euros, dos cales o 95% serán achegados polo organismo provincial e o resto polo propio Concello.
O alcalde asinará nestes días o devandito convenio co organismo provincial.