A Mesa de Comercio Local deberá aprobar a petición de celebración dunha Feira de Oportunidades

A Mesa de Comercio Local de Monforte celebrará o vindeiro luns día 27 de xaneiro, ás 9:00 h. na Casa do Concello, unha reunión na que someterá a aprobación a solicitude dun grupo de comerciantes da cidade para celebrar unha Feira de Oportunidades.

 

A Mesa de Comercio Local deberá emitir informe sobre a celebración da citada Feira, evento que se desenvolvería no mes de febreiro en datas aínda por determinar, e que tería lugar no espazo central da Praza de Abastos.

 

A decisión última de autorizar a celebración da Feira de Oportunidades corresponderá á Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.

 

Á reunión do luns convocouse ós/ás seguintes membros da Mesa:

 

                -Raquel Arias, Delegada da Xunta de Galicia

-Severino Rodríguez , Alcalde-Presidente do Concello

-Mª José Vega Buján, Concelleira de Promoción Económica

-Mª Pilar Iglesias Osorio, Presidenta da Asociación de Consumidores e Usuarios “En Marcha”

-Mª José Senra Sánchez, Presidenta do CCU de Monforte

-Daniel Delfín Rodríguez (ECONOMAR)

-Adriana Otero Martínez (ECONOMAR)

 

A Mesa de Comercio é un órgano colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre a administración local e os axentes representativos do sector comercial. 

Archivos Adjuntos: