O Espazo Central da Praza de Abastos acollerá durante tres fins de semana do mes de decembro un Mercado dedicado ós produtos do Nadal.
O Mercado“Delicias do Nadal” abrirá as súas portas esta fin de semana, días 7 e 8 de decembro, e as dúas seguintes, días 14 e 15, e 21 e 22. O Mercado permanecerá aberto os sábados dende as 10:00 ata as 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h., mentres que os domingos estará aberto en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 h.
Estes Mercados ofrecerán unha gran variedade de produtos, moitos deles relacionados con esta época do ano e, dunha maneira especial, coas celebracións navideñas. Os protagonistas serán queixos, embutidos, viños, licores, aceites, chocolates, pan, noces, conservas, piñóns, marmeladas, turróns, figos pasos, bombóns, grelos, xamóns, delicatessen…
Nestes Mercados participará un amplo e variado elenco de produtores de Monforte, da comarca e do país, como Caurelor, Cafés Conti, Casa Curtis, Caza Ibéricos, Don Gabino, Diseño del Sabor, Conservas A Sazón, Casa Neiras, Maria Castaña, Roscas Mari Carmen, Casa Meilán, Mel Cañón do Sil, Marcelino I, Queserías Sarrianas, Touza Vella, Galisorei, Augavella, Eurolemos, e Panadería Caneda.