Os mercados de agosto rexistraron un aumento moi significativo na afluencia de visitantes con respecto ao dos últimos meses. Asemade o feito de estar dedicados aos produtos da Ribeira Sacra os 4 fins de semana, servíu de incentivo para que clientes locais e, en especial, turistas acudisen.
A avaliación por parte dos vendedores foi moi satisfactoria, xa que todos eles viron superadas as súas espectativas de venda. E para algún supuxo, ademáis, un salto cualitativo importante na promoción dos seus negocios.
VALORACIÓN DO IMPACTO DOS MERCADOS
Indicamos de seguido agúns datos relevantes para valorar o impacto dos mercados.
Mercados celebrados: 4
Número de vendedores: 25
Produtos: Horta, frotas, aromáticas, pan, empanadas, doces, viños, licores, queixos, aceites, mel, embutidos, ovos e conservas.
Visitantes estimados: 4.700, co seguinte desglose semanal:
- 03 e 04 de agosto: 1.200
- 10 e 11 de agosto: 1.500
- 17 e 18 de agosto: 1.100
- 24 e 25 de agosto: 900
Facturación por posto e mercado (2 días de venda): Mínima 320,00 € - Máxima 1.200,00 €
Facturación por posto e mes (8 días de venda): Mínima 1.604,00 € - Máxima 4.830,00 €
4 produtores (dos 25 que asistiron), participaron nos Mercados os 4 fins de semana. Este factor de repetición contribuíu, segundo as súas manifestacións, aque os clientes os identificaran con maior facilidade e que polo tanto as súas ventas aumentaran. No caso deste catro produtores a cifra de vendas fo a seguinte: Mínima: 1.604,00 € - Máxima: 4.830,00 €.
AVALIACIÓN DOS HORARIOS
O horario establecido foi de 10:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas.
Horario de mañá: As amiores concentracións déronse sempre entre as 12:00 e as 14:00 horas, chegando nalgunhas ocasións (fin de semana do 10 e 11 de agosto) a rexistrarse o redor de 600 persoas/día. Entre as 10:00 e as 12:00 horas, aínda rexistrándose un número inferior de visitantes, o consumo por cliente foi superior á franxa horaria anterior.
Horario de tarde: O cabio horario que se aplicou con respecto aos mercados de inverno, contribuíu a mellorar a asistencia, rexistrándose unha menor afluencia nas tardes de domingo.
A FUNCIÓN DOS MERCADOS (PROMOCIÓN E COÑECEMENTO)
A función dos Mercados, ademáis da propia venda, é tamén promocional para os vendedores. Neste sentdo, aqueles que non contan cun lugar de venda habitual en Monforte ou que o seu lugar de venda non está nunha rúa do centro, valoran moi positivamente este feito, xa que constatan nos seus negocios o aumento de afluencia de clientes, despois da súa participación no mercado.
Nalgúns casos este feito está relacionado co descoñecemento polo consumidor da súa existencia, e noutros polo descoñecemento de que comercializaban algún tipo de produto en concreto.
PROPOSTA ATA FIN DE ANO
CALENDARIO DE MERCADOS PROPOSTOS DE SETEMBRO A DECEMBRO DE 2013 | |||
MES | DATAS | MERCADO | DESCRICIÓN |
Setembro | 14 e 15 | Val de Lemos | Produtos do Val de Lemos, en especial de horta |
Outubro | 5 e 6 | Queixos de Galicia | III Edición do Mercado de Queixos |
13 e 14 | DO Lugo | Produtos con denominación de orixe de Lugo | |
Novembro | 2 e 3 | Mosteiros | Produtos elaborados en mosteiros |
9 e 10 | Bocados de outono | Produtos de outono | |
23 e 24 | Decoración de Nadal | Obxectos de decoración de Nadal | |
Decembro | 7 e 8 | Embutidos | Embutidos de calquera clase |
14 e 15 | Conservas | Todo tipo de conservas |
PROPOSTA DE HORARIOS SETEMBRO-DECEMBRO
Sábados: Pola mañá de 10:00 a 14:00 horas - Pola tarde de 17:00 a 20:00 horas
Domingos: Pola mañá de 10:00 a 14:00 horas - Pola tarde non haberá mercados.
Na Documentación Adicional que sigue a estas liñas, póde vostede escoitar a ronda de prensa que ofreceu a Concelleira de Promoción Económica, María Xosé Vega Buján. Nela expón estes datos e fala de algún outro aspecto relacionado coa promoción económica levada a cabo polo Concello no mes de agosto.