Produtos galegos e portugueses de “Excelencia” no mercado desta fin de semana

Os alcaldes de Monforte e O Barco de Valdeorras, Severino Rodríguez e Alfredo L. García,presentaron o mercado de “Produtos de Excelencia de Galicia e o Norte de Portugal” que se celebrará esta fin de semana, días 13 e 14 de abril, na Praza de Abastos da cidade do Cabe.

 

Severino Rodríguez dixo que o concello de O Barco é o encargado de coordinar un proxecto europeo, dentro do Eixo Atlántico, enfocado á promoción e posta en valor de pequenos produtores que traballan de maneira tradicional e cunha calidade excepcional.

 

O alcalde de Monforte comentou que será a primeira vez que unha organización externa utiliza o espazo central da Praza de Abastos para organizar un mercado, algo que, segundo dixo, “indícanos que estamos no camiño correcto en canto ó esforzo por promover este espazo”. Severino Rodríguez avogou por realizar o maior número de acontecementos posible coa intención de que “sirvan para atraer a máis xente”.

 

Finalmente, o rexedor monfortino salientou que os produtos do mercado de Excelencia poderán degustarse no espazo gastronómico “Picota”, e que a intención do Concello é que cada quince días haxa un mercado temático na Praza de Abastos.

 

O alcalde de O Barco comentou que este proxecto xa conta con case 30 produtores, e que o obxectivo do mesmo era chegar ós 50 produtores adheridos a esta marca de Excelencia cando remate o proxecto, no vindeiro mes de xuño.

 

Alfredo García falou de que o obxectivo do proxecto “é potenciar e promover pequenos negocios que volven mirar ó campo e que xeran riqueza”. O rexedor do Barco de Valdeorras dixo que ó mercado que se celebrará esta fin de semana en Monforte asistirán dez produtores adheridos á marca de Excelencia, entre os que estarán adegas de Valdeorras, marmeladas do Courel, bicas de Trives, pan do Bolo, pasteis portugueses, queixos de cabra portugueses e do Xurés, e aceite portugués.

 

Os produtores participantes no mercado de Excelencia son os seguintes:

 

Adega Alán de Val

A Costiña: viño da variedade brancellao e Escada: viño variedade garnacha
(DO Valdeorras)

Bodega Cooperativa Jesús Nazareno

Viña Abad e Valdouro
(DO Valdeorras)

Bodegas D'Berna

D'Berna mencía barrica e D'Berna godello lías
(DO Valdeorras)

Caurelor

Castañas en caldo de azucre, crema extra de castañas, e marmeladas ecolóxicas extra de amoras silvestres, de cereixas, de uvas, de arandos

Bicas de Trives

Bica de Trives, bolo de amendoa trivia, Amendoados de Trives, Milagriños de Santiago, e Coquitos de Trives

Panaderia O Bolo

Bolo artesán de pan e amendoados

Pastelaria Biquinho Doce

Folar de Chaves, pastel de Chaves e pastel de nata

Queijaria J.V.Lda

Börnes: queixo de ovella trasmontano, e queixo de ovella trasmontano con pemento

Queixo do Xurés

Cabrás do xurés: Queixo de cabra ecolóxico

Azeite Solar de Cortizos 1748 

Aceite virxe extra (DOP Azeite de Tras-os-Montes, Portugal)

 

 

Archivos Adjuntos: