O Alcalde solicita unha entrevista co máximo responsable da Axencia Tributaria en Galicia

O alcalde de Monforte remitiu onte unha carta ó Delegado Especial en Galicia da Axencia Tributaria, José Luis Rodríguez, solicitando unha entrevista urxente.

 

Severino Rodríguez sinala na súa comunicación que o Boletín Oficial do Estado do día 16 de febreiro publica a Resolución da presidencia da AEAT pola que se modifica a resolución do 21 de setembro do 2004, que establecía a estrutura e organización territorial do citado organismo tributario.

 

O Alcalde coméntalle ó Delegado Especial que, no que respecta ás Administracións da Axencia Tributaria, entre as que se atopa a de Monforte de Lemos, a Resolución do 15 de febreiro de 2013 di textualmente “ se garantiza un nivel adecuado en los servicios de información y asistencia  que se prestan a los ciudadanos”.

 

Finalmente, Severino Rodríguez solicítalle unha entrevista urxente ó máximo responsable da Axencia tributaria en Galicia, para coñecer de primeira man como vai afectar a citada resolución ós servizos e traballadores da Administración da AEAT en Monforte.

 

O Alcalde tamén lle indica que esta petición prodúcese por mandato do Consello Económico e Social de Monforte.

 

Archivos Adjuntos: