O goberno municipal presentou unha iniciativa ó PXOM respecto dos chamados “fóra de ordenación”

Tal e como anunciaron no día de onte Severino Rodríguez e Mº Xosé Vega, o grupo de goberno de Monforte presentou hoxe nas oficinas do Rexistro Municipal unha proposta respecto do Plan Xeral.

 

Severino Rodríguez, diante da preocupación veciñal polo Plan Xeral, adquiriu o compromiso de intentar conseguir que tódolos edificios construídos con licenza queden dentro de ordenación. O Alcalde manifestáralle ós/ás integrantes do Consello Económico e Social (CES) que estaba traballando neste senso  xa qué “tódolos veciños e veciñas son iguais e todos/as deben ser tratados da mesma maneira”.

 

Mª Xosé Vega trasladoulle ós/ás integrantes da Plataforma Cidadá en Defensa da Comarca de Lemos, nunha reunión que mantiveron no serán de onte, a intención desta iniciativa do goberno municipal e as liñas xerais do seu contido.

 

A proposta rexistrada no día de hoxe persegue que a aprobación provisional do PXOM recolla un enunciado no que se diga que se recoñecen as alturas e os volumes das edificacións existentes, e que toda a realidade construtiva ten cabida no Plan Xeral. Esta proposta tamén incide en que no caso de que un edificio se derrube poida volver construírse co mesmo volume e altura que ten na actualidade.

 

Xúntase o documento íntegro da proposta rexistrada polo goberno municipal.

Archivos Adjuntos: