O Alcalde promoverá o consenso para buscar solucións ós desafiuzamentos

O goberno municipal non é alleo ó grave problema social que representan os desafiuzamentos, cuestión que afecta principalmente ás clases sociais máis desfavorecidas e a aquelas persoas que xa padecen as consecuencias de ter perdido o seu posto de traballo.

 

Diante desta situación, cómpre apoiar solidariamente ás clases sociais máis desfavorecidas e golpeadas pola crise económica, motivo polo que o Alcalde está recabando información sobre a incidencia que posibles casos de futuros  desafiuzamentos poidan ter entre as familias monfortinas. Con tal fin, Severino Rodríguez estableceu contactos con institucións e servizos municipais para dispor de datos fiables que debuxen o mapa desta problemática en Monforte.

 

A intención do Alcalde, unha vez coñecidos estes datos, é convocar ós/ás voceiros/as dos grupos políticos municipais para trasladarlles esta información e procurar unha posición de consenso de tódalas formacións políticas para facerlle fronte ós desafiuzamentos.

 

Severino Rodríguez tamén pretende reunirse cos directores/as das entidades bancarias da cidade, con representantes de asociaicións solidarias e de carácter social, e cos servizos sociais municipais, co obxectivo de artellar mecanismos de resposta a este grave problema.

 

O rexedor monfortino agarda a coñecer o alcance do acordo lexislativo ó que poidan chegar PP e PSOE sobre a Lei hipotecaria para, de cara á vindeira semana, iniciar os contactos para abordar a problemática dos desafiuzamentos en Monforte.

Archivos Adjuntos: