O empresariado local e a UNED estudarán vías de colaboración

Monforte celebrou no día de onte, con diversos actos, a apertura do curso universitario na UNED. Entre as 10:00 e as 14:00 h. desenvolveuse unha Xornada de Portas Abertas para dar a coñecer as novas instalacións e a oferta educativa da universidade a toda a cidadanía.

 

Xa pola tarde, un grupo de empresarios da cidade visitaron as aulas e asistiron a unha vídeo conferencia co director do INTECCA e doutor en economía D. Jorge Vega Núñez, quen lles falou sobre as  “Aportacións da tecnoloxía ó desenvolvemento empresarial”.

 

Vega Núñez faloulles do proxecto UNED Aberta, que posibilitaría a realización de cursos con millóns de persoas simultaneamente, e da tecnoloxía interactiva que utiliza a universidade para chegar diariamente a milleiros de estudantes, remarcando qué, noutra situación, esas persoas poderían ser clientes das súas empresas.

 

O doutor en economía incidiu nas vantaxes tecnolóxicas que ofrece este sistema para manter unha comunicación fácil e e eficaz, e comentou que “hoxe calquera empresa ten que ser capaz de vender nun entorno global”.

 

O Alcalde puxo a disposición do empresariado local as instalacións e os medios tecnolóxicos da UNED de Monforte comentando que “só hai que solicitarllas á UNED para non interferir no seu labor educativo.

 

O director da UNED en Lugo faloulles da evolución que rexistrou a universidade a distancia nos últimos anos e das vantaxes e posibilidades das novas tecnoloxías qué, segundo dixo, “permitiron prestar os mesmos servizos en tódalas sedes da UNED, independentemente do diñeiro que teña cada unha”.

 

José Luis Prieto Arroyodíxolles que á UNED gústalle estar cerca da sociedade e brindoulles a colaboración da universidade coas empresas locais, manifestando a súa intención de que “o proxecto universidade empresa funcione”.

 

Pola súa banda, os empresarios amosáronse interesados en coñecer a oferta de cursos específicos da UNED para o mundo empresarial, así como de iniciar un camiño de colaboración coa universidade que redunde en beneficio dos seus negocios.