A concelleira de facenda desminte que a limpeza do Luis Bodegas se adxudicara dúas veces

A concelleira de facenda Mª Xosé Vega, saiu ó paso das afirmacións realizadas nun medio de comunicación polo voceiro do PSOE, José Tomé, respecto da adxudicación da limpeza das instalacións do campo de futbol Luis Bodegas.

 

O voceiro socialista anunciaba que preguntará no próximo pleno se houbo unha doble adxudicación deste servizo e, pola contra, deixouse sen adxudicar a limpeza das Casiñas da Compañía, da Torre da Homenaxe e do Edificio Multiusos.

 

Mª Xosé Vega dixo que nas palabras do Sr. Tomé había “mala intención” e que no borrador da acta da Xunta de Goberno Local que se lle facilita a tódolos grupos políticos o que había era “un erro nunha frase que podería ter aclarado cunha simple consulta nos servizos municipais”. A concelleira de facenda dixo que “este erro non desvirtuaba o contido do acordo xa que o significado do mesmo quedaba patente no encabezamento e no texto do citado documento”.

 

Mª Xosé Vega fundamentou as súas afirmacións no informe do técnico de contratación, informe que a continuación se reflicte integramente:

 

1.- A Xunta de Goberno Local de data 28 de marzo de 2012 aprobou a adxudicación do SERVIZO DE LIMPEZA DO EDIFICIO MULTIUSOS, “CASITAS” E TORRE DA HOMENAXE. No borrador da acta desa sesión existe un erro material, derivado da proposta que figura no expediente, consistente en que, a pesar de que tanto no título do punto, como en toda a parte expositiva do acordo, se fai sempre referencia ó contrato de limpeza do Edificio Multiusos, “Casitas” e Torre da Homenaxe, nunha liña da parte dispositiva faise referencia a “limpeza do campo de fútbol Luis Bodegas”.

 

2.- Detectado o erro material de transcrición unha vez redactado o borrador da acta e antes da notificación ós interesados do acordo (que é o tramite seguinte no procedemento), procedeuse á súa corrección de oficio, de xeito que nas notificacións realizadas ós licitadores, con rexistro de saída de 2 de abril de 2012, o texto xa figura corrixido.

 

3.- Asimesmo, na obrigatoria publicación no perfil do contratante do acordo de adxudicación, realizada en data 10 de abril de 2012, figura o texto correcto.

 

4.- Finalmente, na Xunta de Goberno Local de data 26 de abril de 2012, na que se incluía como punto 1º da orde do día a aprobación das actas das sesións de 28 de marzo e 2 e 11 de abril de 2012, corrixiuse o erro material e o acordo quedou finalmente redactado de xeito que o sentido literal concorde co seu sentido sistemático.

 

5.- O artigo 206 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime  Xurídico das Entidades Locais sinala que “Podrán expedirse certificaciones de las resoluciones y acuerdos de los órganos de Gobierno y Administración de las entidades locales, antes de ser aprobadas las actas que los contengan, siempre que se haga la advertencia o salvedad en este sentido y a reserva de los términos que resulten de la aprobación del acta correspondiente”. Esto e así porque os acordos son inmediatamente executivos, sin que sexa necesario agardar á aprobación definitiva da acta para proceder a súa execución.

        Monforte, 27 de abril de 2012.

 

O Técnico de Contratación