O Concello urbaniza a rúa Miguel de Cervantes

A brigada de obras do concello de Monforte traballa dende comezos do pasado mes de xaneiro na urbanización da rúa Miguel de Cervantes, unha actuación que se prolongará ata o próximo mes de marzo.

 

Trátase dun espazo degradado que a concellería de obras, dirixida por Xosé Manuel Pavón, está rexenerando con medios municipais.

 

Na rúa Miguel de Cervantes a brigada municipal de obras constrúe beirarrúas nas dúas marxes da calzada, realiza o soterramento das conducións eléctricas públicas, e rexenera o firme da calzada.