O Centro da Terceira Idade volvera abrir no primeiro semestre do 2012

O alcalde, a concellería de benestar social, e o concelleiro de obras, visitaron as obras do Centro da Terceira Idade.

 

No Centro executáronse traballos no exterior do edificio, financiados con fondos do Plan E, e actualmente realízanse obras no interior, financiadas polo Concello e a Deputación Provincial de Lugo. A execución do proxecto supón a renovación total das instalacións e unha importante mellora nas condicións de illamento térmico e acústico do edificio.

 

Os traballos realizados no exterior, cunha inversión de 166.000 euros, afectaron á renovación de fachadas, carpinterías e cubertas, xunto coa supresión de barreiras arquitectónicas nos accesos do Centro.

 

O proxecto de remodelación interior, actualmente en marcha e cun investimento de 350.000 euros, contempla a renovación de espazos e a súa mellora integral, adecuándoos ás necesidades que o Centro ten na actualidade.

 

O Alcalde dixo que entre as prioridades do goberno municipal unha das máis importantes son os servizos sociais e a atención ás persoas maiores. Salientou que o Centro da Terceira Idade conta con máis de 500 socios e que se trata dunha infraestrutura moi antiga e que quedara funcionalmente obsoleta. .

 

Severino Rodríguez destacou o forte esforzo inversor que se fai para mellorar o Centro, máis 500.000 euros, e dixo que a intención era transformar o edificio nun punto de encontro e de referncia para os maiores.

 

O alcalde comentou que se manterá unha sala grande para utilizala nas actividades de ximnasia e baile, ente outras; que se adecuará o salón de actos e diferentes tipos de aulas para albergar as numerosas actividades que se levan a cabo; que se eliminaran barreiras arquitectónicas e que haberá aulas para lectura e informática.

 

As obras no interior iniciáronse coa demolición de tabiques, revestimentos, falsos teitos e instalacións de servizos, para proceder a renovar os espazos, adecuándoos ás necesidades que o Centro ten na actualidade. Tamén se renovarán as instalacións de electricidade, fontanería, telecomunicacións, calefacción, ventilación e climatización.

 

As previsións son que as obras no interior do edificio rematen no mes de abril do vindeiro ano, e que o Centro da Terceira Idade poida estar a pleno rendemento no primeiro semestre do 2012.

 

As obras supoñerán unha notable mellora da accesibilidade, dimensionando correctamente as zonas de acceso e creando locais polivalentes e adaptados ás necesidades dos usuarios/as.