A Aula da UNED de Monforte de Lemos pón en marcha as "III Xornadas de Educación: a arte de educar nos distintos ámbitos da vida".
As xornadas celebraranse en cinco sesións de catro horas de duración cada unha que terán lugar os días 9, 16, 23 e 30 de marzo e o 13 de abril.
O máximo de prazas ofertadas é de 30, sendo necesario un mínimo de 15 alumnos/as para poder realizar as xornadas.
Toda a información sobre os contidos, relatores, horarios e custo das xornadas poden vela no documento adxunto.