Os gastos subvencionables corresponden ó funcionamento da entidade e a aqueles ocasionados pola actividade propia desta, así como ós motivados pola participación ou organización de actividades deportivas, gastos ocasionados polo
pagamento de licencias federativas, aloxamento, arbitraxes, adestradores, compras de material deportivo, etc…
En definitiva, os gastos ocasionados polo funcionamento da entidade deportiva para o cumprimento dos seus fins, o longo da tempada 2010/2011, quedando excluídos os gastos xerados polo pagamento de nóminas a xogadores/as.
Para recibir a subvención asignada, a entidade deportiva solicitante deberá presentar, antes do día 30 de novembro, toda a documentación que acredite os gastos realizados durante a tempada 2010/2011. Unha vez rematado o prazo de presentación de documentación, o Concello pagará o 50 % da contía da subvención ós clubs e entidades que xustificaran debidamente o gasto.
A contía económica destinada ás citadas subvencións foi de 67.418 €, sendo a súa distribución a seguinte:
-CLUBS E ENTIDADES FEDERADAS: 63.590 €
-CLUBS E ENTIDADES NON FEDERADAS: 3.828 €
A distribución das subvencións entre os diferentes clubs e entidades figura no documento que se adxunta.