Pleno Ordinario 26 de setembro de 2016

ORDE DO DÍA *********** 1. ACTAS ANTERIORES, CORRESPONDENTES ÁS SESIÓNS ORDINARIA DO 26 DE XULLO E EXTRAORDINARIA DO 29 DE AGOSTO DE 2016. PARTE RESOLUTIVA **************** 2. CONTA XERAL DE 2015. CONCELLO E INSTITUTO MUNICIPAL DE DROGODEPENDENCIA. 3. APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DO CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA. 4. ADDENDA AO CONVENIO DA XUNTA E DA FEGAMP EN MATERIA DE XESTIÓN DE RESIDUOS DE APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS. 5. RESOLUCIÓN POR MUTUO ACORDO DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN DO 50% DA ILLA DE VILANOVA, SITA NO RÍO CABE. 6. RECLAMACIÓNS DA EMPRESA ESCOR DIMANANTES DO CONTRATO QUE REXEU A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE R.S.U. E LIMPEZA VIARIA NOS ANOS 1998 A 2010. 7. DECLARACIÓN DE QUE LLE CORRESPONDE Á EMPRESA AQUALIA ASUMIR O CUSTO DA RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL POR FILTRACIÓN DE AUGA NO LUGAR DAS BODEGAS-PIÑEIRA. 8. RATIFICACIÓN DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA A MELLORA DE INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTOS NA GARDERÍA MUNICIPAL. 9. BONIFICACIÓN NA COTA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS. 10. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP SOBRE A MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NA ESTRADA LU-P-3201, AO SEU PASO POLA PARROQUIA DE PIÑEIRA. 11. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP SOBRE O APOIO AO CAMIÑO DE INVERNO. 12. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE A RENOVACIÓN DA ILUMINACIÓN PÚBLICA NA PARROQUIA DO CHAO DO FABEIRO, CONCRETAMENTE NOS BARRIOS DE PORTO DE LOBOS E O FABEIRO, ASÍ COMO NA PARROQUIA DE FIOLLEDA, NO BARRIO DE SAN MAMEDE E EN MARCELLE E CANEDA POR EXISTIR FAROLAS DE MERCURIO. 13. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE A SINATURA DE CONVENIO DE CESIÓN ENTRE O SERGAS E O CONCELLO DE MONFORTE. PARTE DE CONTROL DA XESTIÓN *************************** 14. DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (art. 42.1 do ROF). Datas das Resolucións das que se dá conta: 19.07.2016 a 19.09.2016 (e unha do 12.07.2016, omitida na dación de conta anterior). 15. INFORMACIÓN ESPECÍFICA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (de 01.08.2016, dúas de 10.08.2016, de 16.08.2016 e de 15.09.2016) QUE LEVANTAN REPAROS DE INTERVENCIÓN (art. 218 da Lei Reguladora das Facendas Locais). 16. DACIÓN DE CONTA DAS LIÑAS XERAIS DO ORZAMENTO DE 2017. 17. DACIÓN DE CONTA DA EXECUCIÓN ORZAMENTARIA DO 2º TRIMESTRE DE 2016 E OUTRA INFORMACIÓN DE COMUNICACIÓN OBRIGATORIA AO MINHAP. 18. DACIÓN DE CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN SOBRE O PERIODO MEDIO DE PAGO DO 2º TRIMESTRE DE 2016. 19. DACIÓN DE CONTA DOS INFORMES DE TESOURERÍA SOBRE CUMPRIMENTO DOS PRAZOS DE PAGO E MOROSIDADE, CORRESPONDENTES AO 2º TRIMESTRE DE 2016. 20. ROGOS E PREGUNTAS.

Archivos Adjuntos: