RECOLLIDA DE EXCREMENTOS DAS MASCOTAS
Ordenanza de Protección Medio Ambiental, título III, capítulo II
Artigo 45.
As persoas que conduzan cans deberán impedir que estes realicen as súas dexeccións nas vías e espazos públicos. O Concello poderá habilitar zonas específicas para o efecto. No caso de que as dexeccións queden depositadas en calquera lugar público, dentro do núcleo urbano e fóra dos lugares habilitados para tal fin, a persoa que conduza ao animal estará obrigada á recollida e limpeza das dexeccións que, debidamente empaquetadas, serán depositadas en papeleiras ou contedores de lixo.
Do incumprimento do establecido neste artigo serán responsables as persoas que conduzan os animais, sexan ou non propietarios dos mesmos, e subsidiariamente os propietarios dos mesmos.