TEATRO na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, TEATREIRAS con OS OUTROS sábado 30 de novembro ás 20:00 h

O salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acollerá o sábado 30 de novembro unha representación teatral con entrada libre e gratuita. Representación que poñerá en escena o grupo monfortino de teatro TEATREIRAS. O Concello integrado nos Circuitos de Teatro Afeccionado e Profesional da Deputación Provincial de Lugo Vicepresidencia Cultura presenta o espectáculo que leva por título "OS OUTROS" .

Sinopse:
Unha casa moi antiga, habitada por varias pantasmas, que en vida tamén a habitaban (ou pasaban por alí cando lles chegou o final), acollerá novos habitantes, que por cousas do azar acaban de herdar tremendo casoplón. As novas inquilinas comezan a facer plans de convertila nun hotel, pero os intereses de cada un dos personaxes, dun lado e doutro, acabarán chocando e provocando unha chea de líos que só poderán ter un final: chegar a entendemento e convivir en armonía.

Autoría: Adaptación de varias tempadas da serie de televisión inglesa "Ghots".

Dirección: Francisca Abeledo.

Elenco: Mª Clarisa Mira, Pilar Cambón, Iago Fernández, Dorinda Veiga, Antía Quiroga, Sergio López, Sofía
Rodríguez, Anxo González, Noelia Pastor, Yas Iglesias, Marijo Abeledo, Gloria Guerrero, Rita Pumar, Nery
González, Iván Fernández, Alexandra Macineanu e Andrea Abeledo.

Teatreiras ten as súas orixes nas actividades de tempo libre para maiores, que se desenvolvían desde Servizos Sociais do Concello de Monforte. Como os obradoiros de teatro tiñan moito éxito, no 2020 constituíuse a Asociación de Teatro Monfortino, que cos anos derivaría en dous grupos de teatro, un deles Teatreiras, que desde os seus inicios ven sendo dirixido por Francisca Abeledo e polo que pasaron deceas de persoas de todas as idades. Cada ano preparan obra nova e ademais participan en representacións escolares, recitais poéticos, fan teatro de monicreques, contacontos e en xeral colaboran de forma moi activa na vida cultural de Monforte e arredores, sendo o seu proncipal sinal de identidade a interxeracionalidade.