TEATRO NA REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS /XOVES 7 DE NOVEMBRO DE 2024 - TALÍA TEATRO CON DESEXO

A programación teatral do Concello de Monforte dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente ó segundo semestre de 2024 continúa en Monforte de Lemos o xoves 7 de novembro ás 20:15 h no Edificio Multiusos, coa aposta en escena da obra DESEXO da compañía TALÍA TEATRO, obra escrita e dirixida por Diego Rey e cun elenco artístico de Marta Ríos e Dani Trillo.

Que é o que máis desexas nesta vida?
Queres fama? Diñeiro? Poder? Amor? Sexo?
Ata onde chegarías para conseguilo?
Amosarías detalles íntimos da túa vida?
Ensinarías o teu corpo por diñeiro?
Que farías para evitar que a túa parella te deixara?
E para conseguir seguidores?

 

DeseXo é unha comedia na que seguiremos a varios personaxes a través das súas publicacións nas redes, vendo como van afrontando o seu día a día, as súas relacións, os seus desexos e os seus medos. É unha obra sobre a pornografía, tanto a real como a social; unha reflexión cómica sobre un mundo que cada vez vai máis rápido, onde aprendemos nas redes, e onde todo, absolutamente todo, queda exposto.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes.