O ENTERRO DA SARDIÑA porá fin o Entroido na nosa cidade.
A "Cofradía do Santo Enterro da Sardiña" de Monforte de Lemos realizará o mércores 5 de marzo o tradicional ENTERRO dende as 20:00h.
A concentración será na praza de España. A continuación a "comitiva fúnebre" dirixirase pola rúa do Cardeal e pola Avenida de Galicia ó Campo de Santo Antonio. Diante do concello a corporación municipal recibirá á comitiva que lerá as coplas, posteriormen achegarase á Ponte Vella onde a SARDIÑA será "ceibada" no río Cabe. Durante o percorrido pararase en varios puntos para cantar os responsos.
Para acompañar ó "cadaleito" prégase vestir completamente de luto ou de alivio.