DESFILE DE COMPARSAS E DISFRACES -ENTROIDO 2025 Concello de Monforte de Lemos / 4 de marzo

O martes 4 de marzo o Concello de Monforte celebra o tradicional DESFILE DE COMPARSAS E DISFRACES do Entroido.

As solicitudes de inscrición para a participación no concurso presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte sendo o derradeiro día de inscrición o 28 de febreiro ás 14:00 h. Todas aquelas solicitudes presentadas fóra deste prazo serán desestimadas calquera que sexa a causa do seu atraso.

Haberá que levar un número de identificación para que o xurado determine as clasificacións. Dito número deberá recollerse na Delegación de Cultura do Concello de Monforte de Lemos unha vez realizada a inscrición.

No desfile de comparsas e disfraces do martes de entroido haberá dúas modalidades:

  1. Comparsas e disfraces de Monforte
  2. Disfraces e comparsas de fora de Monforte

O desfile de comparsas e disfraces do martes de entroido comezará ás 17:00 h na praza da Estación. Percorrerá as rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal Rodrigo de Castro e finalizará na praza da Compañía.

O xurado cualificará as comparsas na praza da Estación de 16:00 a 17:00 h. Os disfraces individuais concentraranse obrigatoriamente na praza da Estación ás 16:30 h, onde o xurado as identificará. Logo, tanto as comparsas como os disfraces serán cualificados por lugares indeterminados do percorrido.

Arquivos para descarga:

Bases desfile 2025

Solicitude de inscrición concursos Entroido

Anexo I-Impreso datos bancarios

Anexo II-Impreso declaración negativa débedas