XXXII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte 2025

A Delegación de Cultura do Concello de Monforte convoca a celebración do XXXII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte 2025. O Certame terá lugar do 28 de abril ao 20 de maio de 2025 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Poderán participar todos os centros de ensino de Monforte de Lemos representando unha soa obra de teatro, así mesmo tamén poderán participar como invitados outras asociacións ou colectivos locais despois da correspondente
petición e da aceptación por parte da Delegación Municipal de Cultura.

As solicitudes de inscrición para a participación no certame presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte. O derradeiro día para realizar a inscrición é o 4 de abril de 2025. Todos os participantes no Certame pertencerán obrigatoriamente ó centro ó que representan. As datas da posta en escena das obras, serán determinadas pola Delegación Municipal de Cultura e os centros de ensino nunha reunión o 7 de abril no Concello de Monforte de Lemos, ás 10:00 h.

O Concello colaborará cos centros de ensino participantes aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 200 euros. Os premios consisten na gravación das obras representadas que serán entregadas ós centros participantes, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes.

As obras que representen os centros de ensino terán unha duración mínima de media hora e deberán ser estreadas no certame. A entrega de premios será no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 26 de maio ás 18:00h.

ARQUIVOS PARA DESCARGA:

Bases XXXII Certame de Teatro para Centros de Ensino 2025