OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR (OMIC)
Casitas da Compañía - Campo da Compañía, s/n – Telf: 982 - 875 126
Horario: Luns a Venres de 08:00 h a 15:00 h
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) é un departamento do Concello que ten como misión principal, protexer e defender os dereitos en materia de consumo dos cidadáns e faino a través de:
- A información e orientación aos consumidores e usuarios.
A tramitación de reclamacións e denuncias que se presenten en materia de consumo.
A mediación nos conflitos que poidan xurdir como consecuencia das reclamacións presentadas.
Nesta oficina:
- Infórmase a@s cidadán@s sobre como defender os seus dereitos de consumidores e usuarios na compra de bens e na utilización de servizos.
- Recíbense queixas, denuncias e reclamacións de consumidores e usuarios e remítense ás entidades ou organismos correspondentes.
- Médiase, buscando solucións por acordo entre as partes, nas queixas e reclamacións
- Indícanse as direccións e principais funcións doutros centros públicos ou persoais relacionados con temas de consumo.
- Realízanse e promoven actividades de educación e formación en materias de consumo.
Son consumidor@s as persoas físicas ou xurídicas que actúan nun ámbito alleo a unha actividade empresarial ou profesional.
Non terán a consideración de consumidores finais os que, sen constituírse en destinatarios finais, compren, almacenen, utilicen ou consuman bens ou servizos co fin de integralos en procesos de produción, transformación, comercialización ou prestación a terceiros.
É recomendable que se acuda á OMIC:
Antes de dispoñerse a comprar un ben (unha vivenda, un coche, un moble, un electrodoméstico, etc. ou de contratar un servizo (como seguros, obras, bancos, viaxes, reparación de coche) para coñecer os dereitos que nos asisten como consumidores.
Logo da adquisición dun ben ou servizo, no caso de que estimemos que os nosos dereitos e intereses fosen prexudicados e queiramos presentar queixas, reclamacións e informarnos do procedemento que debemos seguir na defensa dos nosos dereitos.
Pero recorde ...
A OMIC non ha de intervir nos casos seguintes:
- Nas relacións contractuais entre particulares.
- En litixios sobre os que se emitiu sentenza xudicial ou sobre temas que se atopen en vía xudicial.
- Reclamacións contra as Administracións Públicas.
Real Decreto Lexislativo1/2007 da Ley Xeral para a Defensa d@s Consumidor@s e outras leis complementarias
Para o exercicio adecuado dos seus dereitos, o/a consumidor/a debe ser consciente de que debe adoptar unha serie de cautelas ou responsabilidades para non verse prexudicad@.
Estas son as máis importantes:
- Gardar os documentos acreditativos das compras e das operacións realizadas incluíndo publicidade, tickets, follas de pedido, albaráns, xustificantes de depósito, facturas, etc. Estes documentos son a proba de realizar un acto de consumo e das condicións en que se producíu.
- Non subscribir contratos que impliquen un desembolso económico importante sen asesorarse e sobre todo sen ler detidamente o seu contido.
- Se recibe ofertas comerciais no seu domicilio mediante visita persoal ou por teléfono non acepte sen reflexionar e estudar debidamente dita oferta. É convinte solicitar a información escrita ou por soporte electrónico.
- Esixa sempre documento xustificativo das operacións realizadas.
- En caso de conflito solicite as Follas de Reclamacións
Máis información aquí
GUÍA BÁSICA DE CIBERSEGURIDADE
Para descarga: