AEDL 14 de Decembro de 2018

SELECCIÓN DUN/HA AEDL AO ABEIRO DE 23 DE XULLO DE 2018 DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA POLA QUE SE CONVOCAN SUBVENCIÓNS NO ÁMBITO DE COLABORACIÓN COAS ENTIDADES LOCAIS PARA A CONTRATACIÓN DE AXENTES DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL PARA O EXERCICIO 2018

Tendo en conta que as/os aspirantes para tomar parte nas probas só precisan manifestar que reúnen  todas e cada unha das condicións esixidas na base 6 desta convocatoria, os/as aspirantes propostos/as para ocupar o emprego convocado achegarán no prazo de 5 días naturais contados a partir  do día seguinte da publicación da proposta  de selección no taboleiro de Edictos, sito no Campo de S. Antonio s/n e na páxina web municipal: http:// www.monfortedelemos.es/gl/procesos-selectivos/gl   (prazo   que  poderá   ampliarse   cando  o  seleccionado  acredite  que  non puideron  presentar  algún documentos  por causas alleas á súa vontade)  os documentos que xustifiquen  as condicións de capacidade  e demais requisitos contidos na base 6 desta convocatoria e os documentos acreditativos dos méritos  a valorar  conforme a estas bases desta convocatoria.

A non acreditación dos méritos alegados conforme se sinala no apartado anterior, determinará que estes non serán tidos en conta polo Tribunal. Nin o Concello nin o Tribunal Seleccionador requirirá aos/ás interesados/as para que os acrediten.

A    xustificación das condicións dos aspirantes acreditaranse coa seguinte documentación:

  • Os  apartados a) e c) mediante fotocopia do DNI ou tarxeta acreditativa da súa identidade no caso de estranxeiros, debidamente compulsados  por ambos lados.
  • O apartado e) con copia compulsada do Título Oficial ou no seu defecto resgardo  de ter efectuado o depósito para obtelo (no caso de titulacións expedidas por organismos estranxeiros deberá acompañarse certificación do Ministerio de Educación e Ciencia na que se faga constar a súa equivalencia coa esixida para o acceso).
  • O  apartado b) deberá acreditarse  a través da superación  do correspondente recoñecemento médico que contará,  con carácter  xeral, coa amplitude necesaria para acreditar que non padece enfermidade ou defecto  físico que  lle impida  o desenvolvemento das funcións  do  cargo,  e sen  prexuízo  das  probas  concretas  que poidan esixirse especificamente en cadaconvocatoria. Se,non se esixise o anterior requisito, o aspirante deberá achegar Certificado Médico Oficial para o efecto.
  • O apartado d) con declaración xurada para o efecto.
  • O apartado f) coa acreditación de ser desempregado e estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia.
  • Ademais presentará a fotocopia da  tarxeta da Seguridade  Social e número  de conta bancaria.

20/12/2018 Acta do Tribunal

14/12/2018 Preselecionados SEPG

14/12/2018 BASES