Noticias:
-
Monforte opta á "Escoba de Plata" coa que se premia o compromiso cidadán coa limpeza da cidade
O Alcalde anunciou que o concello de Monforte presentou a súa candidatura para o concurso Escoba de Plata 2012, e que ten de prazo ata finais de mes para enviar a documentación necesaria para optar ó citado premio. Trátase da décimo terceira edición do concurso “Escobas de Plata, Oro y... -
As Xornadas de Saúde e o Obradoiro de Mecánica centran a actividade do CIM
As V Xornadas de Prevención da Saúde na Muller centrarán mañá as actividades que se desenvolven dende o CIM co gallo da conmemoración do 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”. Mañá impartirase a segunda charla destas xornadas nas que expertos en temas sanitarios abordan diferentes... -
O goberno municipal reclama solucións satisfactorias á problemática das participacións preferentes
O grupo de goberno do Concello de Monforte rexistrou, para ser debatida no próximo pleno, unha moción relativa á protección das persoas afectadas pola colocación masiva de participacións preferentes. Na exposición de motivos sinálase que,debido á falta de transparencia na súa colocación,... -
O Concello tramitará a ampliación da actual zona ARI
O alcalde de Monforte entrevistouse esta mañá en Compostela co Director Xeral do IGVS, José Boné Pina, para expoñerlle a intención do Concello de solicitar unha ampliación da Área de Rehabilitación Integral da cidade (ARI) e avaliar a viabilidade da aprobación da citada ampliación. O... -
O goberno municipal considera urxente a construción dunha nova depuradora
O grupo de goberno do concello de Monforte rexistrou, para ser debatida no próximo pleno, unha moción na que reclama a construción dunha nova depuradora de augas residuais (EDAR). A exposición de motivos da citada proposta sinala que, como consecuencia do desenvolvemento urbano e do... -
O importe das facturas pendentes de pago é inferior a 700.000 euros
A concelleira de facenda e primeira tenente de alcalde, Mª Xosé Vega, informa que o Concello remitiu no día de onte ó Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas o listado de facturas pendentes de pago, cumprindo así co recollido no Real Decreto Ley 4/2012, de 24 de febreiro, polo que se... -
O Concello deixou de cobrar catro millóns e medio de euros na década dos noventa
A Corporación Municipal celebrará o vindeiro luns, ás 20:00 h., un pleno urxente e extraordinario no que o único punto da orde do día será o expediente de depuración de saldos contables. A concelleira de facenda, Mª Xosé Vega, explicou hoxe o motivo da urxencia desta sesión plenaria. A... -
Avances na solución á problemática da gardería
A reunión convocada polo Alcalde para buscar solucións ó peche da gardería da Obra Social de Novacaixagalicia celebrouse pasadas as 18:30 horas da tarde de hoxe. Finalmente non puido asistir ningún representante da Consellería de Traballo e Benestar, entidade responsable dos centros... -
A UNED de Monforte celebra unhas xornadas sobre educación
A Aula da UNED de Monforte de Lemos pón en marcha as "III Xornadas de Educación: a arte de educar nos distintos ámbitos da vida". As xornadas celebraranse en cinco sesións de catro horas de duración cada unha que terán lugar os días 9, 16, 23 e 30 de marzo e o 13 de abril. O máximo de prazas... -
Novacaixagalicia manterá a gardería ata 2014 sempre que a Xunta colabore
O Alcalde e a concelleira de educación e cultura reuníronse esta tarde cos pais e nais da gardería da Obra Social de Novacaixagalicia, coa finalidade de explicarlles o contido da entrevista que o rexedor monfortino mantivo esta mañá con representantes da entidade bancaria, reunión á que se...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 236
- 237
- 238
- 239
- 240
- 241
- 242
- 243
- 244
- seguinte ›
- última »