A programación de Teatros correspondente ó primeiro semestre de 2020 iníciase en Monforte de Lemos este venres 10 de xaneiro ás 19:00 h no Edificio Multiusos, coa aposta en escena da obra dirixida a un público infantil e familiar LAMBETADAS da compañía TALÍA TEATRO obra dirixida por Santiago Cortegoso Pazó e cun elenco artístico de María Ordóñez e Diego Rey.
Un espectáculo destinado a público infantil e de entrada gratuita.
Unha lambetada é un doce, algo saboroso, que se come por gusto. Pero tamén é a acción de pasar a lingua buscando un efecto agradable.
Partindo da dobre acepción da palabra elaboraremos un doce e gorentoso espectáculo teatral, pasando a lingua a modiño, con deleite, sobre unhas historias que nos deixarán un doce sorriso nos beizos.