Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
O Concello edita un Boletín de Emprego con carácter semanal |
O concello de Monforte, a través do Servizo de Información e Orientación Laboral, edita semanalmente un Boletín de Emprego no que se recollen as ofertas de traballo existentes na comarca, no resto da provincia de Lugo e na veciña provincia de Ourense. Neste Boletín tamén teñen cabida as ofertas laborais que se publican nos diferentes xornais.
|
28/10/2012 | Noticias histórico |
Pleno Ordinario 29 de Outubro de 2012 |
ORDE DO DIA: 1.- Aprobación actas do Pleno da Corporación de datas 22 e 28 de Setembro de 2012. 2.- Dar conta de Decretos da Alcaldía (da número 474 de 25/09/2012 á número 519 de 19/10/2012) 3.- Declaración de crédito non dispoñible. 4.- Proposta do PSOE sobre a desgravación do IVE para o material escolar. 5.- Moción do PP sobre execución de obras de reparación accesos a Santo Domingo. |
29/10/2012 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones |
Pleno Extraordinario 6 de Novembro de 2012 |
ORDE DO DÍA: PUNTO ÚNICO.- MODIFICACIÓN ORDENANZAS FISCAIS EXERCICIO 2013 |
06/11/2012 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones |
España e Portugal acadan en Monforte un compromiso para a modernización da liña Vigo-Oporto |
Monforte foi sede do Cumio do Eixo Atlántico onde se acadou un histórico acordo para a modernización da liña ferroviaria do Miño.
Tanto o presidente do Eixo Atlántico, José Maria Costa, como o conselleiro de Infraestruturas en funcións, Agustín Hernández, tildaron de “excelente resultado e magníficas noticias” os acordos do Cumio celebrado na nosa cidadel.
|
09/11/2012 | Noticias histórico |
A primeira fase do porto seco estará rematada en tres meses |
Na rolda de prensa posterior ó Cumio do Eixo Atlántico celebrado onte en Monforte, e a preguntas dos xornalistas locais, o conselleiro de Infraestruturas en funcións, Agustín Hernández, anunciou que a primeira fase das obras da plataforma loxística rematará en dous ou tres meses.
|
09/11/2012 | Noticias histórico |
Empresarios e cargos públicos destacan as potencialidades do porto seco de Monforte |
Preto dun cento de persoas participaron onte no Parador de Monforte no foro organizado polo Concello, a CEL, e o Eixo Atlántico, baixo o título “Mobilidade, Rede Transeuropea e Loxística”.
|
09/11/2012 | Noticias histórico |
O Alcalde promoverá o consenso para buscar solucións ós desafiuzamentos |
O goberno municipal non é alleo ó grave problema social que representan os desafiuzamentos, cuestión que afecta principalmente ás clases sociais máis desfavorecidas e a aquelas persoas que xa padecen as consecuencias de ter perdido o seu posto de traballo.
|
15/11/2012 | Noticias histórico |
Programa de actos do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres |
A concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza diversas actividades co obxecto de conmemorar o “Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero”, data que se celebra o 25 de novembro.
|
16/11/2012 | Noticias histórico |
O alcalde de Monforte solicita coñecer e colaborar no proxecto da Xunta para o edificio Expolemos |
Severino Rodríguez remitiu unha carta ó director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), Antonio Crespo Iglesias, solicitando coñecer o proxecto que prepara a Xunta de Galicia para o edificio Expolemos e ofrecendo a súa colaboración na elaboración do mesmo.
|
18/11/2012 | Noticias histórico |
O Alcalde di que o PP minte a sabendas de que o fai |
Severino Rodríguez ofreceu unha rolda de prensa para responder ás “falsidades” que se recollen na moción do PP referida ó “sobrecusto da contratación con empresas externas de determinadas xestións e organización de eventos”.
|
21/11/2012 | Noticias histórico |