Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
Presentada unha moción sobre a exclusión da Ribeira Sacra da promoción turística “Vive Galicia” |
Tal e como anunciara o Alcalde, o grupo municipal do BNG presentou o xoves día 20 de decembro unha moción na que solicita explicacións á Xunta de Galicia diante da exclusión da Ribeira Sacra da campaña de promoción “Vive Galicia”. A moción tamén esixe que se solucione esta anómala situación e que se inclúa á Ribeira Sacra na citada promoción “co protagonismo que merece”.
|
23/12/2012 | Noticias histórico |
Pleno Extraordinario Urxente 26 de Decembro de 2012 |
ORDE DO DÍA: 1.- Pronunciamento sobre a urxencia. 2.- Parador de Monforte de Lemos. |
26/12/2012 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones |
Pleno Ordinario 3 de Xaneiro de 2013 |
ORDE DO DÍA: 1.- Aprobación acta do Pleno de data 26 de Novembro de 2012. 2.- Dar conta de Decretos da Alcaldía (do número 618 de 20/11/2012 ata o número 684 de 26/12/2012). 3.- Modificación da Ordenanza de Administración Electrónica do Concello de Monforte de Lemos. 4.- Expediente investigación parcelas no monte comunal de Vilamarín. |
03/01/2013 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones |
O Concello felicítase pola favorable resolución do conflito de Paradores |
O Concello de Monforte amosa a súa satisfacción pola resolución final do conflito xurdido a raíz da intención da dirección de Paradores de poñer en marcha unhas medidas que, nun principio, afectaban gravemente tanto ós traballadores/as como ó propio funcionamento do Parador da nosa cidade.
|
03/01/2013 | Noticias histórico |
Ata o 15 de Xaneiro aínda se poden presentar solicitudes para un posto na Praza de Abastos |
O pasado 21 de Decembro foron aprobadas as bases para a licitación do psto nº5 da Praza de Abastos de Monforte de Lemos, o prazo para presentar as solicitudes remata o 15 de Xaneiro de 2013. |
11/01/2013 | Noticias histórico |
O PXOM sométese a debate para a súa mellora e enriquecemento, non é un documento pechado | 19/01/2013 | Noticias histórico | |
O goberno municipal solicita que a Xunta solucione o verquido de gasóleo do IES Río Cabe |
O grupo de goberno rexistrou unha proposta, para ser debatida no próximo pleno, sobre o verquido de gasóleo que se produciu no depoósito do IES Río Cabe.
Na moción explícase que a finais do pasado mes de decembro varios veciños e veciñas da rúa San Pedro dirixíronse ó Concello e ó SEPRONA queixándose do forte cheiro a gas oil que chegaba ós seus fogares.
|
22/01/2013 | Noticias histórico |
Asinados os convenios para atender a Teleasistencia Domiciliaria |
O vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo, Antonio Veiga, asinou esta mañá no concello de Monforte os convenios para a Teleasistencia Domiciliaria cos alcaldes de Chantada, Ribas do Sil, a Pobra do Brollón e Monforte.
|
23/01/2013 | Noticias histórico |
Monforte solicita ser socio do Cluster da Loxística |
O Concello de Monforte solicitou formalmente a súa adhesión ó Cluster da Loxística e do Transporte de Galicia, con sede en Santiago de Compostela.
|
24/01/2013 | Noticias histórico |
O goberno municipal solicita que a Xunta aclare cal é o seu proxecto turístico para a Ribeira Sacra |
O grupo de goberno rexistrou unha proposta, para ser debatida no próximo pleno, solicitando que TURGALICIA explique por qué destinou 50.000 € á realización dun curso do “Plan de Formación para a Excelencia Turística de Galicia”.
|
27/01/2013 | Noticias histórico |