Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
O Presidente da Deputación defende a Monforte como nó ferroviario de mercadorías |
O Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, visitou hoxe venres o concello de Monforte, onde foi recibido polo Alcalde e os/as voceiros/as dos grupos políticos municipais.
Gómez Besteiro reuniuse conxuntamente con Severino Rodríguez e cos portavoces municipais e, posteriormente, mantivo unha entrevista de carácter privado co Alcalde. |
22/06/2012 | Noticias histórico |
A Mesa Local de Comercio debateu propostas do CCU |
A Mesa Local de Comercio de Monforte celebrou esta mañá a primeira reunión, despois da preceptiva de constitución que tivo lugar o día 8 de xuño. A xuntanza de hoxe xa fora anunciada o día da constitución deste órgano colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre a administración local e os axentes representativos do sector comercial.
|
26/06/2012 | Noticias histórico |
Os delitos descenderon máis dun 9% no que vai de ano en Monforte |
O subdelegado do goberno, Ramón Carballo, e o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, presidiron a sesión ordinaria da Xunta Local de Seguridade que se celebrou hoxe martes día 26 de xuño na Casa do Concello de Monforte.
|
26/06/2012 | Noticias histórico |
Pleno Ordinario de 29 de Xuño de 2012 |
ORDE DO DÍA: 1.- Aprobación actas do Pleno da Corporación de data 4 de xuño de 2012 2.- Dar conta de decretos da alcaldía (do número 288 de 29/05/2012 ó número 323 de 18/06/2012) 3.- Proposta do PSOE sobre o Decreto Lei 16/2012 4.- Proposta do PSOE sobre o Imposto de Bens Inmobles 5.- Proposta do BNG sobre o sistema financieiro galego 6.- Proposta do PSOE sobre a situación do firme da Rúa Sa Pe |
29/06/2012 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones |
A nova potabilizadora será unha realidade no ano 2014 | 03/07/2012 | Noticias histórico | |
O Alcalde reunirase con usuarios/as e traballadoras do servizo de axuda a domicilio |
A decisión da Xunta de Galicia de suprimir a subvención para a axuda no fogar básica ou axuda a domicilio a aqueles concellos de menos de 20.000 habitantes, xunto coas negativas consecuencias que esta medida causa, serán os asuntos que o Alcalde expoña ás persoas usuarias deste servizo e ás traballadoras dos servizos sociais municipais e axuda a domicilio.
|
04/07/2012 | Noticias histórico |
O Alcalde levará ó Pleno unha proposta sobre a Rede Transeuropea de Transportes |
O Alcalde rexistrou unha proposta, para ser debatida no próximo pleno, sobre o papel que debe xogar Monforte na Rede Transeuropea de Transporte, coa pretensión de lograr a complicidade da Corporación Municipal unha vez que xa recabou o apoio dos sectores económicos da cidade reunidos no Consello Económico e Social.
|
13/07/2012 | Noticias histórico |
Fixadas as entrevistas do Alcalde cos voceiros parlamentarios |
O Alcalde entrevistarase mañá xoves en Santiago, ás 10:00 da mañá, coa voceira do BNG, Ana Pontón, e ás 12:30 h. co voceiro do PSOE, Abel Losada. O vindeiro martes día 24 de xullo fará o propio co voceiro do PP, Pedro Puy, con quen manterá un encontró ás 13:00 horas.
|
18/07/2012 | Noticias histórico |
O Concello aclara a realidade dos servizos sociais municipais |
A tenente de alcalde, Mª Xosé Vega, e a concelleira de Benestar Social, Pilar López, ofreceron unha rolda de prensa para aclarar a realidade dos servizos sociais municipais, saíndo ó paso das últimas manifestacións da delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo a este respecto.
|
20/07/2012 | Noticias histórico |
Pleno Ordinario 1 de Agosto de 2012 |
ORDE DO DÍA: 1. Aprobación acta do Pleno de 29 de Xuño do 2012. 2. Dar conta decretos. 3. Propostas BNG sobre o papel de Monforte na rede transeuropea de transportes. 4. Proposta do BNG para a supresión do copago farmacéutico as persoas pensionistas. 5. Proposta grupo municipal Partido Popular en relacion suministro de augua potable en la parroquia de Gullade. 6. |
01/08/2012 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones |