Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
O Concello non perdeu nin perderá subvencións por mor da conta xeral do 2010 |
O alcalde, Severino Rodríguez, e a concelleira de facenda, Mª Xosé Vega, desmentiron que o Concello non poidera optar a subvencións da Xunta de Galicia dende o pasado mes de outubro.
|
20/01/2012 | Noticias histórico |
Sete concellos demandan a construción en Monforte dun centro de continuidade para discapacitados |
O alcalde de Monforte e Teresa Fernández, da APA do Colexio de Educación Especial Infanta Helena, informaron en rolda de prensa sobre os acordos acadados hoxe venres nunha reunión na que participaron representantes de concellos da comarca e da bisbarra e integrantes da citada APA.
|
20/01/2012 | Noticias histórico |
O Concello incrementará a colaboración con Cáritas |
O alcalde e a concelleira de benestar social reuniranse este venres, ás 10 da mañá no local de Cáritas, con integrantes deste colectivo.
|
24/01/2012 | Noticias histórico |
O Concello estuda cobrarlle ás entidades bancarias polos caixeiros |
O Concello de Monforte, tal e como están facendo outras entidades municipais galegas e do resto do Estado, estuda a posibilidade de establecer unha taxa polo aproveitamento especial de terreos de dominio público con caixeiros automáticos, instalados na fachada de establecementos bancariose con acceso directo dende a vía pública.
|
24/01/2012 | Noticias histórico |
Hoxe comeza o proceso para que a veciñanza elixa ós seus pedáneos/as |
Dende hoxe mércores e ata o sábado día catro de febreiro levarase a cabo o proceso para a elección dos pedáneos/as de tódalas parroquias do Concello.
|
25/01/2012 | Noticias histórico |
O alcalde leva ó Pleno dúas propostas de interese social |
O alcalde levará á próxima sesión plenaria, que se celebrará o vindeiro luns día 30 de xaneiro, dúas propostas cun amplo carácter social e que responden ás demandas plantexads por dous colectivos cidadáns
|
26/01/2012 | Noticias histórico |
O Concello aportará 20.000 euros a Cáritas para axudar ós máis desfavorecidos |
Severino Rodríguez e Pilar López reuníronse con integrantes de Cáritas para coñecer as necesidades deste colectivo no labor que desenvolven coas persoas máis desfavorecidas da sociedade monfortina, e para explicarlles as propostas do Concello destinadas a incrementar a súa colaboración con eles.
|
27/01/2012 | Noticias histórico |
O goberno municipal simplificará os trámites para a apertura de novas empresas e negocios |
O goberno monfortino traballa na redacción dunha ordenanza reguladora da apertura de establecementos para o exercicio de actividades non sometidas a avaliación da incidencia ambiental, ordenanza que debaterá a Corporación Municipal na sesión plenaria do vindeiro mes de febreiro.
|
28/01/2012 | Noticias histórico |
Pleno Ordinario 30 de Xaneiro de 2012 |
ORDE DO DÍA 1.- Aprobación do acta do Pleno de 26 de Decembro de 2011 2.- Dación de conta decretos da Alcaldía 3.- Proposta do PSOE sobre resíduos caninos 4.- Proposta da Alcaldía sobre a creación dun centro de continuidade persoas discapacitadas e sen autonomía persoal 5.- Proposta da Alcaldía sobre o servizo galego de apoio á mobilidade persoal 6.- Proposta do PSOE sobre modificación puntual |
30/01/2012 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones |
Reunión a prol dun entroido responsable |
A concelleira de educación, Pilar López, convocou ós directores e directoras dos centros de ensino da cidade a unha reunión que se celebrará mañá mércores ás 16:30 h. A finalidade da xuntanza é falar cos responsables dos centros educativos sobre a celebración do entroido e sensibilizar ós mozos e mozas para facer do entroido unha manifestación festiva de solidariedade.
|
31/01/2012 | Noticias histórico |