Este venres, 2 de marzo, o Centro Cívico de Monforte acolle a celebración da segunda Xornada Laboralista de Lugo.
A conferencia inaugural, Dereito do Traballo na Constitución, estará a cargo de María Emilia Casas Baamonde, catedrática do Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade Complutense de Madrid e ex presidenta do Tribunal Constitucional. Comezará ás 9:30 horas.
Unha hora máis tarde, falará o Director Territorial de Galicia da Inspección de Traballo, Demetrio Ángel Fernández y López, sobre Prioridades de actuación da inspección de Traballo e Seguridade Social en Galicia en 2018.
A terceira conferencia versará sobre as axudas ós emprendedores e comezará ás 12 horas. Neste caso, intervirán a Xefa Territorial da Consellería de Economía, Pilar Fernández López, e a técnica do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) en Lugo, Cristina Sanz Arias.
A conferencia de clausura estará a cargo do Presidente do Consello Xeral de Graduados Sociais de España e da Fundación Justicia Social, Javier San Martín Rodríguez, que falará sobre o Presente e o Futuro da profesión dos Graduados Sociais.
O acto de clausura da II Xornada Laboralista de Lugo en Monforte será ás 13:45 horas.
Está previsto que interveñan o Alcalde, José Tomé, o presidente do Colexio Oficial de de Graduados Sociais de Lugo, Manuel Núñez, o Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo e o Presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Graduados Sociais de España.