A Aula de Teatro do Concello retoma a actividade no mes de novembro

Un ano máis a concellería de Xuventude porá en marcha, co patrocinio da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, a Aula Municipal de Teatro. 

 

A Aula comezará a súa andaina o luns día 4 de novembro e desenvolverá a súa actividade os luns e os martes en semanas alternas, e dicir, 4 e 5 de novembro, 18 e 19 de novembro, 2 e 3 de decembro, e así sucesivamente. As clases impartiranse na Casa da Cultura  entre as 20:00 e as 22:00 horas. 

 

A participación na Aula está aberta ás persoas maiores de 12 anos, con preferencia para a mocidade.

 

A Aula estará dirixida por Eva F. Ferreira, dramaturga e directora escénica formada na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, quen traballará aspectos tales como a desinhibición, a conciencia corporal e a capacidade de improvisación.

 

As persoas que participen na Aula de Teatro realizarán pequenas representacións en datas sinaladas como pode ser a Feira Medieval.

 

Para tomar parte nesta experiencia é necesario inscribirse previamente na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada nas Casiñas da Compañía. A inscrición tamén pode realizarse chamando ó teléfono 982-875-126 ou entrando na web www.monfortedelemos.es.

 

O único requisito para poder participar é que che guste o teatro.

 

Inscribirse na Aula de Teatro é totalmente gratuíto. O modelo de inscrición xúntase a esta información.