Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
A XVII Feira do Libro encherá de actividade a rúa do Cardeal |
A concelleira de Cultura, Pilar López, a coordinadora da Federación de Libreiros, Nani Regueira, e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presentaron a XVII Feira do Libro de Monforte de Lemos que se desenvolverá do 20 ó 23 de agosto na zona peonil da rúa do Cardeal.
|
18/08/2014 | Noticias histórico |
Margarita Rodríguez Otero inaugurou a Feira do Libro |
A XVII Feira do Libro de Monforte de Lemos foi inaugurada no día de onte co pregón da escritora monfortina Margarita Rodríguez Otero, quen estivo acompañada por autoridades locais e representantes da Federación de Libreiros e da Xunta de Galicia.
|
21/08/2014 | Noticias histórico |
Os servizos económicos e xurídicos municipais non dan o visto bo á proposta do PP para pagar as subvencións |
O alcalde compareceu en rolda de prensa para informar sobre a non validez da proposta do Partido Popular para poder pagar as subvencións e as axudas a diferentes entidades e persoas, e para lamentar a ausencia de propostas do Partido Socialista.
|
28/08/2014 | Noticias histórico |
Pleno Ordinario do 4 de Setembro de 2014 |
ORDE DO DIA: 1. ACTA ANTERIOR, CORRESPONDENTE Á SESIÓNORDINARIA DO 28 DE XULLO DE 2014. PARTE RESOLUTIVA 2. CARÁCTER ORDINARIO DA SESIÓN. 3. MOCIÓN EN DEFENSA DO SERVIZO PÚBLICO DE CORREOS. 4. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG PARA ESIXIR AO MINISTERIO DE FOMENTO A AXILIZACIÓN DA CONSTRUCIÓN DA VARIANTE EXTERIOR DE MONFORTE E A MELLORA DA REDE FERROVIARIA EN GALIZA. 5. |
04/09/2014 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones |
Monforte acolle un foro sobre xestión de residuos municipais para a redución da pegada de carbono |
O vindeiro 25 de setembro desenvolverase en Monforte un foro sobre xestión de residuos urbanos onde se analizarán algunhas das solucións que nesta materia están en marcha en diferentes puntos da xeografía española como fórmula para reducir a pegada de carbono. O Foro celebrarase no Parador de Turismo de Monforte.
|
12/09/2014 | Noticias histórico |
O Goberno Municipal duplicará as cantidades para axudas e subvencións nos orzamentos do 2015 |
O alcalde de Monforte compareceu en rolda de prensa para anunciar que o Goberno Municipal xa elaborou os orzamentos do ano 2015, e que nos mesmos contémplanse os compromisoss para a potabilizadora e a obra do paseo do río e duplícanse as cantidades destinadas a clubs, asociacións, becas, festas das parroquias, bus universitario e CCU.
|
27/09/2014 | Noticias histórico |
Pleno Ordinario do 29 de setembro de 2014 | 29/09/2014 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones | |
Monforte rinde unha nova homenaxe a Lois Pereiro |
Monforte rendiu hoxe unha nova homenaxe a Lois Pereiro, poeta, escritor e Fillo Predilecto da nosa cidade.
|
30/09/2014 | Noticias histórico |
Trescentos mil euros do remanente de tesourería destinaranse á realización de obras |
Unha vez pechada e aprobada en pleno a conta xeral do ano 2013, o concello de Monforte dispón dun remanente de tesourería que ascende á cantidade de 670.000 euros.
O alcalde, Severino Rodríguez, compareceu en rolda de prensa para explicar que ese diñeiro destinarase a amortizar débeda, a inversión en obras, e a pagar unha multa da Confederación Hidrográfica.
|
06/10/2014 | Noticias histórico |
Pleno Extraordinario del 13 de outubro de 2014 |
ORDE DO DIA: 1. ACTA ANTERIOR, CORRESPONDENTE Á SESIÓNORDINARIA DO 29 DE SETEMBRO DE 2014. 2. MODIFICACIÓN DO ACORDO DE CESIÓN DE INMOBLE Á FUNDACIÓN DIVINA PASTORA. 3. MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS 39/2014. SUPLEMENTO DE CRÉDITO. (Disposición adicional sexta da Lei Orgánica de Estabilida de Orzamentaria e Sostibilidade Financeira). 4. MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS 40/2014. CRÉDITO EXTRAORDINARIO. |
13/10/2014 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones |